lunes, 13 de febrero de 2012

Beca para o Instituto de Verán Benjamín Franklin 2012


A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un/unha estudante español ou residente en España, para participar noInstituto de Verán Benjamin Franklin 2012, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.
O/a estudante seleccionado/a participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os/as mozos/as a ambos os dous lados do Atlántico.
O Instituto terá lugar nunha localidade norteamericana - aínda por determinar -durante catro semanas en xuño-xullo de 2012 e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos/as. Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.
Dotación: Todos os gastos (viaxe, aloxamento, manutención, seguro médico e de accidentes e visado) correrán por conta do Departamento de Estado dos Estados Unidos de América.
Requisitos e criterios de selección:
•       Excelente coñecemento do inglés. É imprescindible achegar un certificado do centro de ensino, Escola Oficial de Idiomas ou academia acreditando unha cualificación de “Sobresaliente” ou equivalente (C1 ) na materia de inglés.
•       Excelencia académica. Os candidatos deberán achegar un certificado do seu centro de ensino que reflicta unha nota media mínima de “Notable” (7.5) no seu expediente académico.
•       Deberá tamén achegarse á solicitude polo menos unha carta de referencia.
•       Non se considerarán solicitudes de candidatos/as que participen previamente en viaxes de estudo aos Estados Unidos.
•       Valorarase moi positivamente a participación en actividades de voluntariado e/ou proxectos de servizo comunitario.
Envío de solicitudes: Cumprimentar este formulario, achegar unha ou varias cartas de referencia segundo o modelo achegado, certificados de notas en inglés e remitilos por correo postal, correo electrónico ou por fax a:
Embaixada dos Estados Unidos de América -  Sección Cultural
Serrano, 75
28006 Madrid
Fax: 91 576 8464
embusacultural@state.gov

Data límite de recepción de solicitudes: Mércores, 15 de febreiro de 2012 – 18:00h
Resolución da beca: Prevista para finais de marzo 2012
Para consultas sobre esta convocatoria, contactar con:
Macarena Moreno
Asesora Asuntos Culturales y Educativos
Embajada de los Estados Unidos
Tel: +34 91 587 2506 - Fax: +34 91 576 8464

No hay comentarios:

Publicar un comentario